Condenado a cinco anos de prisión o adestrador de fútbol sala da Mariña por abusar dunha xogadora menor

O abusador, de 60 anos, estará outros cinco anos en liberdade vixiada, o mesmo tempo que inhabilitado para cargo ou oficio que conleve relación con menores

Sala xudicial. EFE/NACHO GALLEGO

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de prisión e a outros cinco anos de liberdade vixiada ao adestrador dun equipo de fútbol sala, un home de 60 anos e veciño da comarca lucense da Mariñapor abusar sexualmente e de forma continuada dunha das xogadoras, cando tiña 15 anos.

Ademais, a Audiencia impúxolle a prohibición de comunicarse ou de aproximarse á vítima durante seis anos, así como a inhabilitación para calquera profesión ou oficio que conlleve contacto regular e directo con menores durante cinco anos.

O tribunal considera acreditado que o acusado iniciou un achegamento sexual cara á menor en xullo de 2015. Para iso, prevaleuse “da súa superioridade, ao ser adestrador e referente masculino da menor”.

O agora condenado continuou cos abusos, que levaba a cabo no seu vehículo e en lugares de pouca luz e escaso tránsito, polo menos ata xaneiro de 2017, segundo a sentenza.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here